DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 1 de abril de 2024 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas nas parroquias de Piñeiras e Francos, no termo municipal de Guntín (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 1 de abril de 2024, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 126 do polígono 108, das parcelas 875, 889, 890 do polígono 158 e das parcelas 288, 290, 339 e 341 do polígono 160, no termo municipal de Guntín (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado o 13 de marzo de 2024.

Lugo, 4 de abril de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo