DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 15 de abril de 2024 Páx. 23693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de contrato administrativo para a concesión do aproveitamento piscícola no encoro de Vilagudín, concellos de Ordes, Cerceda e Tordoia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. O acto foi adoptado pola directora xeral de Patrimonio Natural.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta dirección xeral, sita no edificio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Contrato administrativo para a concesión do aproveitamento piscícola no encoro de vilagudín, concellos de Ordes, Cerceda e Tordoia

B15249840

Galician Fishing Services INC Galicia Organización de Pesca Recreativa, S.L.

Rescisión de contrato