De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director xeral e a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 2 de abril de 2024
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE |
Acto obxecto de notificación |
VI482F3200147 |
Y7769668Y |
Acordo de incoación do procedemento de perda e reintegro da axuda do Programa do bono de alugueiro social e concesión de audiencia á persoa interesada |