DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 15 de abril de 2024 Páx. 23738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 4 de abril de 2024 de trámite de información pública da addenda ao estudo de impacto ambiental da dragaxe no porto de Foz (expediente PRG-2022-0098).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), someteuse ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental (EIA) da dragaxe no porto de Foz o 8 de novembro de 2023.

Mediante a Orde do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, TED/1416/2023, do 26 de decembro, pola que se aproba a proposta para a inclusión de seis espazos mariños protexidos na lista de lugares de importancia comunitaria da Rede Natura 2000 e se declaran dúas zonas de especial protección para as aves (ZEPA) en augas mariñas españolas, redactouse unha addenda ao EIA con información específica de avaliación de impactos sobre valores da nova ZEPA, xa que a dita orde incluíu como zona protexida todo o litoral galaico e polo tanto debeuse redactar esta addenda.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación da addenda estará dispoñible ao público para a súa consulta na seguinte ligazón da páxina web de Portos de Galicia:

https://portosdegalicia.gal/es/web/portos-de-galicia/procesos_informacion_publica

O proxecto básico da dragaxe no porto de Foz será sometido á avaliación de impacto ambiental ordinaria. Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, observacións ou suxestións que as persoas interesadas consideren oportunas serán dirixidas ao presidente de Portos de Galicia por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia