DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de marzo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Tordoia (expediente DH.A15.69282).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Manuel Suárez Calo.

DNI: ***9868**.

Expediente: DH.A15.69282.

Volume total anual: 3.650 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,5 l/s.

Destino: gandeiro.

Orixe:

M1 X=531250; Y=4770725; (ETRS89).

M2 X=531253; Y=4770681; (ETRS89).

Lugar: O Castro.

Parroquia: A Vila de Abade (San Cibrán).

Concello: Tordoia.

Descrición do aproveitamento:

Manancial na parcela catastral 15085A501001880000EB, UTM29 X:531250; Y:4770725 (ETRS89). Diámetro 1,10 m e profundidade de 2 m.

Traxecto da traída desde o manancial ata as cortes é de 570 metros, ata a localización do depósito de abastecemento das cortes. Tubaxe de PVC, diámetro de 50 mm.

Segundo manancial na mesma parcela 15085A501001880000EB, UTM29 X:531253; Y:4770681 (ETRS89). Diámetro 1,10 m e profundidade de 2 m. Existe un segundo depósito, de 15 m3 na mesma parcela, coordenadas UTM29 X:531222; Y:4770738 (ETRS89), sen que existan na presente data tubaxes entre eles, que se prevén de 50 mm.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro