En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Ricardo Outeiral Nieto/CCUU A Estivada.
DNI: ***1746**.
Expediente: DH.A15.97143.
Volume total anual: 4.600 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,44 l/s.
Destino: uso doméstico, gandeiro e rega.
Orixe: manancial.
Lugar: Marracín.
Parroquia: Tállara.
Concello: Lousame.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación dun manancial na parcela 145 do polígono 119 mediante un pozo de aros duns 4 m de fondo, do que parte unha tubaxe de PVC de 50 mm de diámetro ata un depósito, situado na parcela de referencia 15043A11900220, cunha capacidade de 36 m3, e do que parten tubaxes de PVC 50 de diámetro ata as parcelas de uso.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro