DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada para a factoría de construción e reparación de buques de Rodman Polyships, S.A.U., no concello de Moaña, provincia de Pontevedra (expediente 2021-IPPC-M-4).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

«2_Solicitude renovación AAI_MTDs_revisada_V1_30.1.24».

Para que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Clave do expediente: 2021-IPPC-M-4.

Peticionaria: Rodman Polyships, S.A.U.

CIF: A-36610541.

Domicilio social: P.I. La Borna, s/n, 36955, Meira, Moaña (Pontevedra).

Localización da instalación: P.I. La Borna, s/n, 36955, Meira, Moaña (Pontevedra).

Actividade: factoría de construción e reparación de buques.

Descrición: o proceso produtivo para a construción e reparación de buques inclúe as fases de deseño, produción de modelos e moldes, laminación, montaxe, expedición e probas de mar e embalaxe.

Verteduras: segundo se recolle na documentación presentada, as verteduras xeradas pola planta son:

– Augas residuais industriais: son decantadas e canalizadas á rede de saneamento municipal.

– Augas residuais fecais: son canalizadas á rede de saneamento municipal.

– Augas residuais pluviais: son canalizadas e vertidas ao mar sen depuración previa.