No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 63, do 1 de abril de 2024, publicáronse as bases íntegras que rexerán o proceso selectivo para a provisión de seis prazas de auxiliar de policía local como persoal laboral fixo descontinuo mediante oposición libre.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases.
Nigrán, 2 de abril de 2024
Juan Antonio González Pérez
Alcalde