De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental formulado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o 22 de marzo de 2024, do proxecto de remodelación das instalacións portuarias de Corcubión, no concello de Corcubión (A Coruña), promovido por Portos de Galicia.
O dito informe poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2024
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático