DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2024 Páx. 22742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican varias resolucións da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Pereiro-As Oiras (Alfoz, Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que puidese efectuar, ou ao ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, 70, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE

Lugo, 21 de marzo de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

DNI ou nome

Acto que se notifica

325

33761248P

Resolución

321-462

33704040R

Resolución

326

01372314L

Resolución

307

76566290A

Resolución

134

33703914J

Resolución