De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015 sen que esta se puidese levar a cabo, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia.
O acto adoptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.
Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 27 de marzo de 2024
Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Credencial: 98497.
DNI: 44498147R.
Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación.
Credencial: 87624.
NIE: Y5815342J.
Acto obxecto de notificación: trámite de audiencia.
Credencial: 85657.
NIE: 53176790P.
Acto obxecto de notificación: trámite de audiencia.