DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 25 de marzo de 2024 polo que se notifica a resolución sobre a adxudicación da cesión temporal de predios no procedemento de arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia e se comunica ás persoas titulares dos predios o inicio do procedemento de arrendamento de predio incorporado ao Banco de Terras.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio a resolución sobre a adxudicación da cesión temporal de predios no procedemento de arrendamento de predio rústico incorporado ao o Banco de Terras de Galicia e a comunicación ás persoas titulares dos predios do inicio do procedemento de arrendamento de predio incorporado ao Banco de Terras.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro do documento nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), desde as 9.00 ata as 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2024

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

20083200881-2023-12046

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia

14876861R

Notificación da resolución sobre a adxudicación da cesión temporal de predios

20192700018

Incorporación de predio ao Banco de Terras

33774546N

Comunicación á persoa titular do predio do inicio do procedemento de arrendamento de predio incorporado ao Banco de Terras