Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 143, do 11 de marzo de 2024, acordouse realizar a contratación como persoal laboral fixo, para obter a praza obxecto de estabilización no proceso selectivo con expediente 2022/E001/000035 (xestor/a cultural), a favor de María Dolores Suárez Becerra, con DNI ***6588**.
O que se publica en cumprimento da base xeral número 13 e Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Contra a resolución da Alcaldía poderán interpoñer, alternativamente, recurso de reposición, ante o mesmo órgano, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, segundo os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), e o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer cualquera outro recurso que consideren oportuno.
Lousame, 11 de marzo de 2024
Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa