DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o recoñecemento da declaración da condición de mineral natural das augas procedentes da captación denominada S-9, no concello de Vilardevós, provincia de Ourense.

A Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Industria e Innovación fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias da conselleira de Economía, Industria e Innovación, asinou o 6 de marzo de 2024 a resolución pola que se declara a condición de mineral natural das augas procedentes da captación denominada S-9, no concello de Vilardevós, provincia de Ourense, cos seguintes datos:

– Nome: S-9.

– Recurso: sección B) auga mineral natural.

– Concello: Vilardevós.

– Procedencia de extracción: nacional.

– Titular: Euroinversiones Aguas de Sousas, S.L.

– Situación: coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29 X: 632.802 e Y: 4.641.592.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento da alínea b) do artigo 3 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano, no relativo a augas nacionais.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 13 de marzo de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense