DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 8 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS611A 2023/2312-1 e catro máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou a través dos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas, poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderán interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, efectuadas por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 8 de marzo de 2024

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 124/2020, do 23 de xuño)
María Soñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2023/2312-1

32789213E

Desistimento da reclamación

23.2.2024

2023/4281-1

32351044A

Desistimento da reclamación

12.2.2024

2023/1707-1

32440134Z

Desestimación da reclamación

3.1.2024

2023/2866-1

32946337X

Estimación da reclamación

23.1.2024

2023/3454-1

47358299B

Desestimación da reclamación

19.2.2024