DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 25 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica aos interesados a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afeccións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/94-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, do depósito de pagamento do prezo xusto acordado mediante a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia relativa ás afeccións derivadas da construción dunha instalación eléctrica situada no concello de Ourense.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer, no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias desta Xefatura Territorial de Economía, Industria e Innovación (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Tamén poden solicitalo por correo postal. En ambos os casos deben achegar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 25 de marzo de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/94-3.

Instalación: regulamentación da LMTA SAC803 entre os apoios núm. 21 a 23 (Untes).

Concello: Ourense.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data do depósito

3

Rego

32900A066003310000PP

Descoñecido

21.3.2024

6

Gandareiras

32900A066002390000PO

Descoñecido

21.3.2024

10

Suventana

32900A065000500000PI

Descoñecido

21.3.2024

11

Souto dos Carreiros

32900A065000070000PO

Descoñecido

21.3.2024