En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: Regulamentación LMTA SSB701 no treito entre os apoios.
CLRLIU4B e número 90-8 (A Mezquita).
Situación: lugar da Vilavella, concello da Mezquita.
Características principais recollidas no proxecto:
• Instalación dun apoio de celosía metálica, do tipo C-18/1000, na LMTA SSB701, entre os apoios existentes número 90-7 e número 90-8.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado número 1.534 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (COEIG) o 26.2.2024.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Poderase examinar toda a documentación nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 13 de marzo de 2024
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Número de expediente: IN407A 2024/032-3.
Situación: lugar da Vilavella, concello da Mezquita.
Denominación: Regulamentación LMTA SSB701 no treito entre os apoios.
CLRLIU4B e número 90-8 (A Mezquita).
Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32049A005000930000RW.
Lugar: Os Castiñeiros.
Cultivo: monte baixo.
Titular: CMVMC da Vilavella.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio número 90-7/1.