DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Palas de Rei (expediente DH.A27.95975).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Jesús Costa López.

DNI: ***7281**.

Expediente: DH.A27.95975.

Volume total anual: 1.693,60 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,04 l/s.

Destino: uso doméstico e gandeiro.

Orixe: dúas gabias.

Lugar: Chousa de Mariño.

Parroquia: Remonde.

Concello: Palas de Rei.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación desde dúas gabias, situadas na parcela de referencia catastral 27040A016002540000UW, con lonxitudes duns 50 m cada unha e profundidades de 4 e 6 m, das cales parten conducións de PVC de 40 mm de diámetro que se reúnen antes da súa entrada na parcela 122 do polígono 9, logo de paso dunha delas por un depósito de 1,5×1,5×1,5 m, e que chegan ata a vivenda e corte para abastecer, situados na parcela 42 do polígono 15, tras percorrer uns 800 m.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica Galicia Centro