DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22317

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oímbra

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal, co obxecto de revisar as ordenanzas dos núcleos rurais de Oímbra.

Aprobada inicialmente polo Pleno municipal, na sesión do 26 de febreiro de 2024, a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oímbra co obxecto de revisar as ordenanzas dos núcleos rurais de Oímbra, en cumprimento de tal acordo e das prescricións contidas no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no xornal La Región, así como na sede electrónica deste concello https://oimbra.sedelectronica.gal/, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Oímbra, 13 de marzo de 2024

Ana Mª Villarino Pardo
Alcaldesa