DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de corta de masa forestal para o cambio de uso dunha parcela no lugar dos Fornos da Cal, na parroquia de San Martín de Suarna (A Fonsagrada-Lugo), no concello da Fonsagrada (Lugo) (expediente 2023/0142).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 18 de marzo de 2024 do proxecto de corta de masa forestal para o cambio de uso dunha parcela no lugar dos Fornos da Cal, na parroquia de San Martín de Suarna (A Fonsagrada-Lugo), no concello da Fonsagrada (Lugo), promovido por Manuel Núñez Monjardín.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático