DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0730/2023-PRE e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, de 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0730/2023-PRE e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

Vigo, 21 de marzo de 2024

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0730/2023-PRE

36066720Y

Resolución

Curra, 18, 3º, Vilaboa

PSC-PO-0738/2023-PRE

36168624C

Resolución

San Juan, 29, Baiona

PSC-PO-0816/2023-PRE

36066720Y

Resolución

Curra, 18, 3º, Vilaboa

PSC-PO-0822/2023-PPM

76501056C

Resolución

Maio Grande, 3, baixo, Negreira

PSC-PO-0878/2023-PPM

35458339K

Resolución

Virxen das Mareas, 50, O Grove

PSC-PO-0884/2023-PPM

36033542V

Resolución

Coruña, 10, 1º A, A Guarda

PSC-PO-0886/2023-PPM

35488989N

Resolución

Avenida da Ponte, 79, Illa de Arousa

PSC-PO-0906/2023-PPM

44915620R

Resolución

Subida Ánimas, 3, Vigo