DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22040

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 22 de marzo de 2024 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado asociado.

Esta reitoría, en cumprimento do acordado polo Consello de Goberno desta universidade na sesión que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2024, fai público que mediante a Resolución do 22 de marzo de 2024 se convoca concurso público para a provisión das prazas de profesorado asociado que se relacionan no anexo I.1 da citada resolución.

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125723/carga.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/profesora-asociadoa-pacs

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado