DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a unha interesada o requirimento de actuacións en materia de seguridade na autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Aciveiro, número 148, no concello de Sandiás, provincia de Ourense.

Nesta xefatura territorial requiríuselle actuacións en materia de seguridade na autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Aciveiro, número 148, á Corporación Arenera da Limia, S.L. (B32283210), como titular do citado dereito mineiro.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Corporación Arenera da Limia, S.L. para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

A interesada, a través dos seus representantes, deberá comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 19 de marzo de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense