DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a resolución pola que se revisa e se modifica a autorización ambiental integrada de Oviganic Ibérica, S.L. no concello de Monforte de Lemos.

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise pública a seguinte resolución.

Instalación: planta de tratamento de leite

Procedemento: revisión e modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Oviganic Ibérica, S.L.

Expedientes: 2020-IPPC-M-18, 2022-IPPC-M-135, 2023-IPPC-M-54 e 2023-IPPC-M-119

Localización: concello de Monforte de Lemos (Lugo)

Número rexistro: 2008/0012_NAA/IPPC_200

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-deexpedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou de forma presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático