Neste centro directivo recibíronse oficios da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación cos recursos contencioso-administrativos 4059/2024, 4068/2024, 4069/2024 e 4072/2024, interpostos contra a Orde do 13 de decembro de 2023 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Ordes, nos cales se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento dos interesados no expediente correspondente.
Para os efectos de cumprir o solicitado nos oficios, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024
Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo