DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa da batea Dolfin I.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 15 de xaneiro de 2024, Daniel Millán Estévez (***9183**) solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante liquidación parcial de gananciais e aceptación e adxudicación parcial da herdanza testada e, sucesivamente, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa da batea Dolfin I.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartamento ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante liquidación parcial de gananciais e aceptación e adxudicación parcial da herdanza testada e, sucesivamente, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa da seguinte batea:

Nome: Dolfin I.

Situación:

Cuadrícula número: 35.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 13.12.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Daniel Millán Martínez (***6400**) e María Dolores Estévez Estévez (***7279**).

Novo titular: Daniel Millán Estévez (***9183**).

O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 1 de marzo de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo