DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21958

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarias de Augas de Vilar

ANUNCIO da convocatoria da primeira xunta xeral.

Mediante este escrito convócanse as persoas da parroquia de Marcelle, no concello da Baña, interesadas nesta traída de augas, á primeira xunta xeral que terá lugar na escola de Marcelle o sábado 27 de abril de 2024, ás 19.00 horas, en única convocatoria, para tratar os seguintes asuntos:

– Constitución da comunidade de usuarias.

– Formalizar a relación de usuarias.

– Bases para a elaboración dos estatutos.

– Nomeamento da comisión encargada da redacción dos estatutos e da presidencia.

– Rogos e preguntas.

Marcelle, 11 de marzo de 2024

María Jesús Parajo López
Representante das veciñas do lugar