DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e solicitude das follas de valoración no expediente de expropiación IN408A 2018/31-1, no concello de Dumbría.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada subestación colectora A Ruña 30/60 kV e LAT 66 kV A Ruña-Regoelle, correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla. A data de ocupación será o 27 de marzo de 2024.

As persoas interesadas poden dirixirse á sección de expropiacións da Consellería de Economía, Industria e Innovación para obter, se o desexan, unha copia da acta previa e do depósito previo, no prazo de dez días contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Tamén poden solicitar información sobre a empresa para intentar chegar a un mutuo acordo.

De non producirse o mutuo acordo no prazo de quince días (artigo 24 da LEF), continuará o procedemento, sen prexuízo de que en calquera momento posterior e antes de que se pronuncie o Xurado de Expropiación de Galicia se produza ese acordo. Rematado o prazo anterior, as persoas interesadas dispoñen de vinte días para presentar a súa folla de aprecio en que concreten o prezo do expropiado.

A Coruña, 19 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/31-1.

Concello: Dumbría.

Predio nº

Referencia catastral

Titularidade proposta

46

15034A02300562

María Santos Rodríguez

53

15034A02300313

Nicasio José Grille Ramos

74

15034A01900449

José Alvela Sieira

144

15034A00900451

Félix García Freire

209

15034A00700062

Ramiro Santos García