DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito no cal acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración, e así mesmo achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 19 de marzo de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/113-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803.

Concello: Meaño.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titular

2

36027A008000440000MJ

Molar

Descoñecido

3

36027A008000430000MI

Molar

Descoñecido

4

36027A008000410000MD

Molar

Descoñecido

5

36027A008000390000MX

Molar

Descoñecido

6

36027A008000420000MX

Molare

Descoñecido

7

36027A008000380000MD

Casiñas

Descoñecido

8

36027A008000330000MF

Casiñas

Descoñecido