DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2024 Páx. 21731

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións no medio rural. Montemaior.

A Xunta de Goberno do Concello da Laracha, na sesión ordinaria do 31 de xaneiro de 2024, aprobou inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións no medio rural. Montemaior, Concello da Laracha.

O expediente sométese a información pública e consultas polo prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal Diario de Bergantiños. Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, ou obter copias para presentar as alegacións que se consideren pertinentes, na sede electrónica deste concello (https://sede.alaracha.gal/).

Acceso: https://sede.alaracha.gal/etc/L01150413/2023U035000001/15041_PEID_FGS_202309_AI_01PDF_diligenciado.zip

A Laracha, 7 de marzo de 2024

José Manuel Varela López
Alcalde