DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2024 Páx. 21569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2023/089-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se cita:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: SE Ludrio, repotenciación da liña de SS.AA. e nova saída á LAT 20 kV Mosteiro.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV repotenciación da LAT de SS.AA. da SE Ludrio, con orixe no apoio proxectado 203953 tipo C-2000/14 e final no apoio existente A89526, cunha lonxitude de 184 metros en condutor LA-30 existente.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV repotenciación da LAT de SS.AA. da SE Ludrio (1), con orixe nunha cela da SE Ludrio, entra e sae no CS 4234, entra e sae no CS 4572 e remata nun PAS que se realizará no apoio existente AV48287, cunha lonxitude de 135 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV repotenciación da LAT de SS.AA. da SE Ludrio (2), con orixe nun PAS que se realizará no apoio proxectado 203953 tipo C-2000/14 e final nun PAS que se realizará no apoio existente A46783, cunha lonxitude de 280 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV nova saída SE Ludrio conexión LAAT 20 kV Mosteiro, con orixe nunha cela da SE Ludrio e final nun PAS que se realizará no apoio existente A46783, cunha lonxitude de 2.250 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Desmontaxe dun apoio de formigón, 120 metros de LA-30 e 65 metros de circuíto de condutor RHZ1-150 mm.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 444.253,26 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Castro de Rei.

• Separata para a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

• Separata para a Consellería de Cultura e Educación.

• Separata para a Consellería do Medio Rural.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 20 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo