DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2024 Páx. 21574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 18 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON815, CTC Bandeira-Barreiros, no concello de Gondomar.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON815, CTC Bandeira-Barreiros, no concello de Gondomar, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 18 de marzo de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/207-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS GON815, CTC Bandeira-Barreiros.

Concello: Gondomar.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

5798602NG1559N0000GW

Bandeira-Barreiros

Descoñecido

10 de maio de 2024

12.00