DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2024 Páx. 21589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 4 de marzo de 2024, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Concello de Poio de concesión administrativa no porto de Combarro para a ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio código 13.14.EDF.005 (nave deportes náuticos) e das instalacións 13.14.OBR.003 (pasarela e plataforma pantaláns), para desenvolvemento da actividade de ensinanzas náuticas de remo (expediente 13-14-24-C1).

O Concello de Poio solicita a concesión administrativa no porto de Combarro para a ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio código 13.14.EDF.005 (nave deportes náuticos) e das instalacións 13.14.OBR.003 (pasarela e plataforma pantaláns), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de ensinanzas náuticas de remo.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 4 de marzo de 2024

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur