Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación, da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforzo LMTA ROS807 derivación CT Vilar, no concello de Tomiño, que figuran no cadro anexo.
As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 15 de marzo de 2024
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/226-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Reforzo LMTA ROS807 derivación CT Vilar.
Concello: Tomiño.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
3 |
36054A060002580000ED |
Descoñecido |
2024/54/122 |
4 |
36054A060002550000EO |
Descoñecido |
2024/54/123 |