DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2024 Páx. 21351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o Plan de restauración da concesión de explotación Romeo número 771 (PO/C/00771), situada no concello do Porriño (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o Plan de restauración da concesión de explotación Romeo núm. 771 (PO/C/00771), situada no concello do Porriño (Pontevedra).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), e alegar por escrito todo o que crean oportuno, en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta (30) días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

Pontevedra, 1 de marzo de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra