DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 2024 Páx. 21244

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO da convocatoria para prover unha praza de auxiliar administrativo.

Aprobadas as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de funcionario auxiliar administrativo (subgrupo C2) da escala da Administración xeral, subescala auxiliar para o Concello de Coirós, mediante sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 47, do 6 de marzo de 2024, aparecen integramente publicadas as bases e a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición, dunha praza de auxiliar administrativo (subgrupo C2) da escala da Administración xeral, subescala auxiliar, vacante no cadro de persoal municipal.

Esta praza ten as seguintes características:

– Grupo: C2. Escala: Administración xeral. Subescala auxiliar. Número de vacantes: 1. Denominación: auxiliar administrativo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do Concello e na súa páxina web: concellocoirós.com

Coirós, 6 de marzo de 2024

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde