DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 2024 Páx. 21211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2020/73-1, no concello de Rianxo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada anexo 1 do proxecto para a LMT BOI808 TC, apoio 74, no lugar das Cortes, no concello de Rianxo (expediente IN407A 2020/73-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 14 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/73-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: anexo 1 do proxecto para a LMT BOI808 TC, apoio 74, no lugar das Cortes.

Concello: Rianxo.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Depósito

Importe

1

A Pedreira

4

11

Descoñecida

611/2023

165,19 €