DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 2024 Páx. 21198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio 9OR9A24N da LMT ROS8080063 e CT Camposancos, no concello da Guarda, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., (expediente IN407A 2023/223-4).

A instalación denominada substitución do apoio 9OR9A24N da LMT ROS8080063 e CT Camposancos foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 13 de febreiro de 2024 da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 7 de maio de 2024, a partir das 12 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello da Guarda.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e en que se lles informará de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 6 de marzo de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Substitución do apoio 9OR9A24N da LMT ROS8080063 e CT Camposancos

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 subsolo

1

36023A035000850000UL

Galapa

Descoñecido

CT

14,97

4,48

18,24

2

36023A033005100000UY

Coelleiras

Descoñecido

1

1,44

7,14

18,24