DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 2024 Páx. 21183

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 26 de marzo de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), polo que se dá publicidade a un acordo.

O día 26 de marzo de 2024 reuniuse o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, o segundo exercicio cualificarase de apto ou non apto. Por Acordo do tribunal, do 20 de marzo de 2023, estableceuse que superarán o segundo exercicio as persoas aspirantes presentadas que o persoal técnico facultativo valore como visión apta para o desenvolvemento do posto de traballo, sempre e cando acaden valores no test de visión (Visualtest) iguais ou superiores a 6 respecto da visión de cerca e/ou de lonxe dos ollos dereito, esquerdo e visión binocular, e sempre e cando non presenten unha visión nula en calquera dos dous ollos (nula=0).

Igualmente, estableceuse que para superar a proba será preciso superar a avaliación cromática.

En consecuencia,

ACORDOU:

Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 25 de marzo de 2024, correspondente ao segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), no portal web da Xunta de Galicia, www.funcionpublica.xunta.gal

De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

De conformidade co disposto na base V.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2024

Fernando Veiga Aguiar
Presidente do tribunal