DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 2024 Páx. 21213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 4008/2024, seguido perante a Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 2) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por mor do recurso interposto fronte á Orde do 26 de outubro de 2023 pola que se crea e se regula o Consello Técnico Asesor en Intelixencia Artificial e Espazo de Datos do Sistema Público de Saúde de Galicia e se establecen a súa composición, organización e funcionamento, publicada no Diario Oficial de Galicia número 209, do 3 de novembro.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio por medio do que se ordena a remisión do expediente administrativo correspondente á Orde do 26 de outubro de 2023 pola que se crea e se regula o Consello Técnico Asesor en Intelixencia Artificial e Espazo de Datos do Sistema Público de Saúde de Galicia e se establecen a súa composición, organización e funcionamento, por mor da interposición dun recurso contencioso-administrativo fronte a esta.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade