DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20986

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rois

ANUNCIO de exposición ao público do proxecto de equidistribución e do convenio urbanístico do polígono Sobre das Grelas.

O Concello de Rois anuncia que a entidade urbanística de xestión do Plan de sectorización Sobre das Grelas, por medio de acordo adoptado o 24 de abril de 2022, aprobou inicialmente o proxecto de equidistribución do polígono Sobre das Grelas elaborado en novembro de 2021 pola empresa Alfonso Botana, S.L. e que contiña o borrador de convenio urbanístico sobre monetización do aproveitamento correspondente ao Concello.

Revisadas as condicións do antedito convenio de monetización coa conformidade da antedita entidade urbanística, emitida na sesión desta última do 7.2.2024, exporanse ao público os dous documentos en cumprimento dos artigos 121.3.b) e 168.1 Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, coa finalidade de que as persoas e entidades interesadas poidan presentar no prazo dun mes as suxestións e alegacións que xulguen oportunas en defensa dos seus dereitos e intereses lexítimos.

Os citados documentos pódense consultar no taboleiro electrónico do Concello, www.rois.gal

Rois, 20 de marzo de 2024

Ramón Tojo Lens
Alcalde