DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2020/41-1, no concello de Ferrol.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC e RBT Barca de Arriba, no concello de Ferrol (expediente IN407A 2020/41-1), correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 14 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/41-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CTC e RBT Barca de Arriba.

Concello: Ferrol.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Depósito

Importe

1

Barca de Abaixo

95

20

Descoñecida

614/2023

11,13 €