DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, de ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2022/219-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación de regulamentación da LMTA BCR807 no tramo entre os apoios número 144 e 177 (Cervantes), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 8 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022-219-2.

Denominación: regulamentación da LMTA BCR807 no tramo entre os apoios número 144 e 177 (Cervantes).

Ocupación: 20 de marzo de 2024.

Nº predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio nº

Apio m2

8

16

133

Seara

Monte alto

Mariana Araújo

158

2.0

17

132

486

Encima dos prados

Monte baixo

Descoñecido/a

167

2.0

22

126

49

Coba

Monte alto

Descoñecido/a

176

2.0