O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do día 22 de novembro de 2023, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes). As ditas bases publicáronse mediante a Resolución do 17 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 15, do 22 de xaneiro).
Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.
Posteriormente, o 15 de marzo de 2024, adhírese a entidade financeira Ibercaja Banco, S.A., polo que cómpre facelo público.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Único. Engadir a entidade financeira Ibercaja Banco, S.A., á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes).
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica