DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20781

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 13 de marzo de 2024, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial do Proxecto de reparcelación no ámbito de actuación conxunta no medio urbano da unidade de actuación Hernán Cortés (expediente 5293/401).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 8 de marzo de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Prestar aprobación, con carácter inicial, ao documento denominado Proxecto de reparcelación no ámbito de actuación conxunta no medio urbano da unidade de actuación (UA) Hernán Cortés, promovido pola entidade Hernán Cortés Homes, S.L. Inclúe a documentación técnica inserida no Rexistro Electrónico da Xerencia Municipal de Urbanismo o 16.11.2023 (cód. sol. W997365-3719 e doc. núm. 230359582) e o 20.12.2023 (cód. sol. W1031883-4983 e doc. núm. 230413879), documentación toda ela redactada polo arquitecto José A. Comesaña García e o avogado Alfredo Cerezales Fernández, de data novembro de 2023.

Segundo. Someter o presente expediente, inicialmente aprobado, con toda a documentación que o integra, a información pública durante o prazo dun (1) mes, mediante a inserción de anuncios no DOG, no Boletín Oficial da provincia, nun dos diarios de maior circulación na provincia, no páxina web municipal no enderezo electrónico https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/ e no portal de transparencia. O remate do período computará desde a publicación do anuncio no DOG, para os efectos de que durante o mencionado prazo se poida examinar o expediente e se poidan formular as alegacións e suxestións pertinentes.

Terceiro. Notificar este acordo a todas as persoas interesadas no presente procedemento, segundo a relación incorporada ao proxecto.

Cuarto. Advírteselle á promotora que, con anterioridade á aprobación definitiva do presente expediente, deberá presentar un proxecto de obras ordinarias co obxecto de completar a urbanización, ao proporse a creación dunha praza pública de 817,30 m2 que proxecte a transición desta co espazo público circundante, e que deixe expedito o espazo rodado debido que dea acceso á zona alta da cidade».

Para os efectos de dar cumprimento ao punto segundo da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse na seguinte ligazón: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal e no departamento de Información de Urbanismo, sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo (praza do Rei, s/n, Vigo), para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións se consideren convenientes.

* Poden pórse en contacto co departamento de Información de Urbanismo para solicitar cita previa ou para resolver calquera dúbida ao respecto, no teléfono 986 81 03 49.

* Para presentar documentos ou escritos de alegacións poden solicitar, preferentemente, cita previa no Rexistro de Urbanismo, no teléfono 986 81 03 44.

Ante a eventualidade de que puideren existir persoas interesadas descoñecidas neste procedemento, de que se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a publicación do presente anuncio servirá de notificación co alcance e finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da perceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 13 de marzo 2024

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda