DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20723

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (resonancia magnética nuclear), en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 2 de decembro de 2022.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 2 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia, do 16 de decembro) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (resonancia magnética nuclear), grupo III, pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (resonancia magnética nuclear) a persoa que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día seguinte hábil ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán asinar o contrato durante esta situación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***4744**

Munín Cruz, Paula