DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20436

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 13 de marzo de 2024 pola que se convocan os premios á excelencia académica para estudantes que inician estudos de doutoramento no curso académico 2023/24.

BDNS (Identif.): 749138.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de no-vembro, xeral de subvencións, publicase o extracto da convocatoria; o texto íntegro pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/749138).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que está matriculado/a por primeira vez en estudos oficiais de doutoramento no curso académico 2023/24.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é atender de maneira especial o novo estudantado da Universidade de Vigo que está a realizar no curso académico 2023/24 estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 13 de marzo de 2024 pola que se convocan os premios á excelencia académica para estudantes que inician estudos de doutoramento no curso académico 2023/24.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas é de once mil douscentos cincuenta euros (11.250,00 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 15 de marzo ata o 22 de abril de 2024.

Vigo, 13 de marzo de 2024

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 31.10.2023; DOG do 10 de novembro)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade