DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20432

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024 pola que se dá publicidade á adhesión dunha entidade financeira ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito coas sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes) (código de procedemento IG535A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do día 22 de novembro de 2023, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-Pemes). As ditas bases son publicadas mediante a Resolución do 17 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 15, do 22 de xaneiro).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Posteriormente, con data do 12 de marzo de 2024, adhírese a entidade financeira Cajamar Caja Rural, S.C., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Engadir a entidade financeira Cajamar Caja Rural, S.C. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes).

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica