DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20606

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade do Salnés

ANUNCIO das bases e convocatoria do proceso selectivo dunha praza de condutor de tractor pertencente á oferta de emprego público do ano 2023.

Mediante decreto da Presidencia, de data do 21 de xullo de 2023, aprobouse a Oferta ordinaria de emprego público do ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 236, do 11 de decembro de 2023, publicáronse integramente as bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 42, do 28 de febreiro de 2024, publicáronse as bases específicas que han de rexer a convocatoria:

– Unha praza de condutor de tractor, a xornada completa, do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dentro do proceso da oferta de emprego público 2023.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Cambados, 29 de febreiro de 2024

David J. Castro Mougán
Presidente da Mancomunidade do Salnés