DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 2024 Páx. 20589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2024 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa da batea Guerra IX.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 5 de febreiro de 2024, Josefa Gómez López (***3359**) solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante liquidación da sociedade conxugal, adxudicación parcial da herdanza e entrega e aceptación de legado, da concesión administrativa da batea Guerra IX.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante liquidación da sociedade conxugal, adxudicación parcial da herdanza e entrega e aceptación de legado, da concesión administrativa da seguinte batea:

Nome: Guerra IX.

Situación:

Cuadrícula número: 21.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 3.7.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Budiño Otero (***3289**) e Josefa Gómez López (***3359**).

Novos titulares: Josefa Gómez López (***3359**) e Alfredo Budiño Gómez (***9450**).

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 18 de marzo de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo